HALLELUJAH

Maybe I've been here before
I know this room, I've walked this floor
I used to live alone before I knew you
And I've seen your flag on the marble arch
Love is not a victory march
It's a cold and it's a broken hallelujah
Leonard Cohen

miércoles, 30 de noviembre de 2016

PIALE en Canadá 2016: O sistema educativo canadense



O sistema educativo canadiense, con carácter xeral, ten as seguintes etapas:
   Elementary School-Kindergarten: de 1 a 5 anos
   Elementary School-Primary: de 6 a 11/12 anos
   High School-Secondary: de 11/12 a 16/17 anos
   College: en xeral dous cursos
   Universidade: media de 4 cursos                                                    

Programa educativo de Secundaria:
Para obter a graduación en Secundaria o alumnado ten que superar un
 total de trinta créditos, divididos do seguinte xeito:
   18 créditos obrigatorios
   12 créditos voluntarios, a elixir entre diferentes optativas   
     segundo os seus particulares intereses e orientacións profesionais.
Van elaborando o seu itinerario dende o primeiro curso de secundaria.
Ademáis teñen que acreditar a realización de polo menos corenta horas de desenvolvemento comunitario, que veñen sendo como horas de voluntariado social.

E superar unhas probas provinciais de competencia matemática e lingüística.

A educación primaria e secundaria é gratuíta, pero para acceder a universidade e necesario pagar unhas taxas, arredor de 5.000 C$ anuais (os alumnos con boas notas poden obter bolsas de estudio para a Universidade).

domingo, 27 de noviembre de 2016

PIALE en Canadá 2016: A miña casa en Canadá








 Atopei un marabilloso restaurante a case dous kilómetros da casa ( gústame camiñar). Este foi o meu primeiro almorzo en Canadá, no restaurante Hard Stones Grill



Froita, tortiñas e xarabe de arce.

Polo que a min respecta o de vivir cunha familia poderíase suprimir.