HALLELUJAH

Maybe I've been here before
I know this room, I've walked this floor
I used to live alone before I knew you
And I've seen your flag on the marble arch
Love is not a victory march
It's a cold and it's a broken hallelujah
Leonard Cohen

jueves, 8 de diciembre de 2016

PIALE Canadá 2016: O sistema educativo canadense



É certo que hai notables diferenzas entre o noso sistema educativo e o canadense, pero non tantas como eu pensaba.

Os horarios son diferentes. As clases comezan as nove e rematan ás tres e cuarto; dispoñen de unha hora completa para o almorzo. O alumnado ten catro sesións diarias de unha hora e cuarto e o profesorado tres sesións, a outra é para preparación.  As sesións de 75 minutos permiten realizar diferentes actividades en cada clase e sobre todo que o alumnado participe, tanto en debates orais como elaborando e presentando materiais eles mesmos.

No que respecta ás asignaturas, o alumnado elixe catro por cuatrimestre; esta distribución é positiva na medida en que evita a dispersión que supón un elevado número de materias; pero tamén ten unha parte negativa: materias instrumentais, como as matemáticas ou a lingua que se cursan nun trimestre e non volven a cursar ata o curso seguinte, o cal pode supoñer que se esquezan totalmente do que estudiaron.  Aínda que quizais este punto careza de importancia, dado que non se dá tanta importancia aos contidos coma no noso sistema educativo.

Ademais dos créditos obrigatorios e voluntarios o alumnado participa en actividades extracurriculares, como clubs e deportes, actividades moi importantes para a súa integración  e identificación co  centro educativo. Temos que recordar que ademais teñen que realizar unhas horas de actividades de voluntariado social para acceder ao título de Secundaria. Tamén nas clases se lle dá moita importancia ao fomento do civismo, da conciencia cidadá e do respecto por todas as culturas; é habitual dedicar un tempo das clases ao debate sobre cuestións políticas e sociais de actualidade.

Nas sesións lectivas ás que asistín puiden observar que a metodoloxía do profesorado é moi diversa, non moi diferente da que se desenvolve nas nosas clases. O que é moi diferente é a importancia que se dá aos contidos, que quedan relegados a un segundo plano; isto permite dedicar máis tempo a que o alumnado participe activamente, preparando e expoñendo traballos. É un dos aspectos máis positivos do sistema canadense que prima a investigación por parte do alumnado e a presentación en público.

O profesorado ten aulas propias, nas que desenvolven todas ou a maioría das sesións lectivas (ás veces desprázanse á aula de Informática da súa área). Deste xeito poden ter os libros de texto (que son propiedade do centro) na aula para consultar durante as clases e outros materiais pedagóxicos, así como decorar a clase cos traballos do alumnado.

O que  é ben diferente é o ambiente xeral do centro, o silencio nos corredores e nas clases, mesmo no tempo do “lunch” e nos cambios de clase. Tamén destacaría o respecto entre o alumnado e co profesorado, aínda que tamén fun testemuña de algunha excepción. Un motivo de conflito, igual que nas nosas aulas, é o uso do móbil, totalmente integrado na maioría das aulas, co obxectivo de que sexa utilizado como instrumento de traballo, pero moitas veces empregado para xogar.


martes, 6 de diciembre de 2016

PIALE Canadá 2016: Un país multicultural




O máis homoxéneo que atopei foi o Instituto. Tamén nos locais de ocio. Pero na rúa, nos autobuses, alí todos son diferentes, diferentes cores, diferentes vestimentas, diferentes culturas. Incluso me sorprendeu a cantidade de xente con discapacidade, e xente vella (moi vella) nas rúas. Coido que é cousa do grao de integración social, un éxito da educación canadense; e do deseño urbanístico, pensado para todos.

viernes, 2 de diciembre de 2016

PIALE en Canadá 2016: As clases



Teño que agradecer a Mark McTavish e a Lucia Mason, os meus “contact teachers” no Nepean High School, a súa cariñosa acollida e a súa axuda para integrarme nas actividades do centro.

Asistín a clases, como observadora, con varios profesores e profesoras, que me permitiron intercambiar impresións co alumnado e me ofreceron os materiais que lles entregaban.



·         Bussiness , Grade 10 ( similar a nosa Economía de BAC, tamén aquí optativa en Secundaria)
·         International Bussiness, Grade 11
·         Accounting, Grade 11 (semellante a Contabilidade, pero tendo en conta que é unha optativa de Secundaria)
·         Credit recovery math, como unha clase de recuperación de matemáticas, para aquel alumnado que non superou o crédito. Matemáticas e un crédito obrigatorio en todos os cursos, ao igual que Lingua.
·         English, Grade 9
·         Spanish, Grade 10 (Asignatura de iniciación ao español, tamén optativa)
·         English, Grade 12, para un pequeno grupo que cursa algo semellante ao noso Bac Internacional. 

Outras actividades:
·         Charla co Xefe do departamento de orientación (destacar que teñen unhas adaptacións curriculares semellantes ás utilizadas no noso sistema educativo para alumnos con necesidades especiais)
·         Asistencia a unha xornada de titoría de prácticas
·         Asistencia á presentación dos clubs do instituto, formados por grupos de alumnado que comparten intereses comúns e que tratan de atraer a outro alumnado do instituto e recadan fondos para diversas causas.



PIALE en Canadá 2016: Nepean High School




O  Nepean HigSchool foi o instituto que me asignaron.
Está situado nunha zona na que predomina a  clase media alta, o cal se reflicte no alumnado do instituto. Teñen unha  forte presión familiar para a obtención de bos resultados académicos. E, igual que o noso alumnado, tamén “disfrutan” dunha chea de actividades extraescolares.

Persoal do centro:

  • Profesorado: 67
  • Departamento de orientación: 6 
  • Contan co apoio dun psicólogo unhas horas semanais.
  • Equipo directivo: 3 (Director e dous vicedirectores), sen ningunha carga lectiva
  • Biblioteca: 1 técnico e un profesor, que se ocupa so de coordinar as tarefas lectivas que se desenvolven na Biblioteca e tamén imparte algunha clase sobre literatura e sobre o uso da  biblioteca.