HALLELUJAH

Maybe I've been here before
I know this room, I've walked this floor
I used to live alone before I knew you
And I've seen your flag on the marble arch
Love is not a victory march
It's a cold and it's a broken hallelujah
Leonard Cohen

jueves, 8 de diciembre de 2016

PIALE Canadá 2016: O sistema educativo canadense



É certo que hai notables diferenzas entre o noso sistema educativo e o canadense, pero non tantas como eu pensaba.

Os horarios son diferentes. As clases comezan as nove e rematan ás tres e cuarto; dispoñen de unha hora completa para o almorzo. O alumnado ten catro sesións diarias de unha hora e cuarto e o profesorado tres sesións, a outra é para preparación.  As sesións de 75 minutos permiten realizar diferentes actividades en cada clase e sobre todo que o alumnado participe, tanto en debates orais como elaborando e presentando materiais eles mesmos.

No que respecta ás asignaturas, o alumnado elixe catro por cuatrimestre; esta distribución é positiva na medida en que evita a dispersión que supón un elevado número de materias; pero tamén ten unha parte negativa: materias instrumentais, como as matemáticas ou a lingua que se cursan nun trimestre e non volven a cursar ata o curso seguinte, o cal pode supoñer que se esquezan totalmente do que estudiaron.  Aínda que quizais este punto careza de importancia, dado que non se dá tanta importancia aos contidos coma no noso sistema educativo.

Ademais dos créditos obrigatorios e voluntarios o alumnado participa en actividades extracurriculares, como clubs e deportes, actividades moi importantes para a súa integración  e identificación co  centro educativo. Temos que recordar que ademais teñen que realizar unhas horas de actividades de voluntariado social para acceder ao título de Secundaria. Tamén nas clases se lle dá moita importancia ao fomento do civismo, da conciencia cidadá e do respecto por todas as culturas; é habitual dedicar un tempo das clases ao debate sobre cuestións políticas e sociais de actualidade.

Nas sesións lectivas ás que asistín puiden observar que a metodoloxía do profesorado é moi diversa, non moi diferente da que se desenvolve nas nosas clases. O que é moi diferente é a importancia que se dá aos contidos, que quedan relegados a un segundo plano; isto permite dedicar máis tempo a que o alumnado participe activamente, preparando e expoñendo traballos. É un dos aspectos máis positivos do sistema canadense que prima a investigación por parte do alumnado e a presentación en público.

O profesorado ten aulas propias, nas que desenvolven todas ou a maioría das sesións lectivas (ás veces desprázanse á aula de Informática da súa área). Deste xeito poden ter os libros de texto (que son propiedade do centro) na aula para consultar durante as clases e outros materiais pedagóxicos, así como decorar a clase cos traballos do alumnado.

O que  é ben diferente é o ambiente xeral do centro, o silencio nos corredores e nas clases, mesmo no tempo do “lunch” e nos cambios de clase. Tamén destacaría o respecto entre o alumnado e co profesorado, aínda que tamén fun testemuña de algunha excepción. Un motivo de conflito, igual que nas nosas aulas, é o uso do móbil, totalmente integrado na maioría das aulas, co obxectivo de que sexa utilizado como instrumento de traballo, pero moitas veces empregado para xogar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario