Está situado nunha zona na que predomina
a clase media alta, o cal se reflicte no
alumnado do instituto. Teñen unha forte
presión familiar para a obtención de bos resultados académicos. E, igual que o
noso alumnado, tamén “disfrutan” dunha chea de actividades extraescolares.
Persoal do centro:
- Profesorado: 67
- Departamento de orientación: 6
- Contan co apoio dun psicólogo unhas horas semanais.
- Equipo directivo: 3 (Director e dous vicedirectores), sen ningunha carga lectiva
- Biblioteca: 1 técnico e un profesor, que se ocupa so de coordinar as tarefas lectivas que se desenvolven na Biblioteca e tamén imparte algunha clase sobre literatura e sobre o uso da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario