Teño que
agradecer a Mark McTavish e a Lucia Mason, os meus “contact teachers” no Nepean
High School, a súa cariñosa acollida e a súa axuda para integrarme nas
actividades do centro.
Asistín a clases,
como observadora, con varios profesores e profesoras, que me permitiron
intercambiar impresións co alumnado e me ofreceron os materiais que lles
entregaban.
·
Bussiness
, Grade 10 ( similar a nosa Economía de BAC, tamén aquí optativa en Secundaria)
·
International
Bussiness, Grade 11
·
Accounting,
Grade 11 (semellante a Contabilidade, pero tendo en conta que é unha optativa
de Secundaria)
·
Credit
recovery math, como unha clase de recuperación de matemáticas, para aquel
alumnado que non superou o crédito. Matemáticas e un crédito obrigatorio en
todos os cursos, ao igual que Lingua.
·
English,
Grade 9
·
Spanish,
Grade 10 (Asignatura de iniciación ao español, tamén optativa)
·
English,
Grade 12, para un pequeno grupo que cursa algo semellante ao noso Bac
Internacional.
Outras
actividades:
·
Charla
co Xefe do departamento de orientación (destacar que teñen unhas adaptacións
curriculares semellantes ás utilizadas no noso sistema educativo para alumnos
con necesidades especiais)
·
Asistencia
a unha xornada de titoría de prácticas
·
Asistencia
á presentación dos clubs do instituto, formados por grupos de alumnado que
comparten intereses comúns e que tratan de atraer a outro alumnado do instituto
e recadan fondos para diversas causas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario